Schwyz

Schwyz

Cantón do NL de Suíza (908 km2; 129.300 h [2000]). A súa capital é Schwyz (13.900 h [2001]). Esténdese entre o sector oriental do lago dos Catro Cantóns e o de Zúric, na zona dos Prealpes. A poboación é de lingua xermánica e a gran maioría católica (92%). Ten gandaría bovina, raza que leva o seu nome. Comunidade libre de campesiños na Idade Media baixo os señores de Habsburgo, en 1291 xuramentouse para sempre (Ewiger Bund) coas comunidades de Uri e Unterwalden contra os Habsburgo, feito que marcou o inicio da Confederación Helvética. Sempre na vangarda dos confederados, a mediados so s XIV deulle o seu nome e a bandeira (cruz branca sobre campo vermello) a toda a Confederación (Schweiz).