Sciadonus
Sciadonus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes abisais, da familia dos afiónidos, co corpo alongado e lateralmente comprimido, recuberto dunha substancia xelatinosa sen escamas e con aletas pélvicas de pequeno tamaño ou ausentes. A especie S. cryptophtalmus, único representante en Galicia da familia dos afiónidos, ten a pel semitransparente, co tecido interno castaño, e habita en profundidades de ata 5.000 m.