Scirpus
Scirpus
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das ciperáceas, que normalmente non presentan follas. As súas flores aparecen en inflorescencias cunha soa espícula, dispostas de forma variable, e son hermafroditas. En Galicia destaca a presenza do xunco churreiro (S. holoschoenus), e o xunco da lagoa (S. lacustris).