Scleroderma

Scleroderma
[FUNGO]

Xénero de fungos, da familia das esclerodermatáceas, cun carpóforo globoso de cor amarelada. Este carpóforo ábrese en forma de estrela. A especie máis frecuente en Galicia é S. polyrhizum, de ata 20 cm de diámetro e sen pé. Aparece durante todo o ano nas beiras dos camiños.

Palabras veciñas

Scirpus | Sciurus | Scleranthus | Scleroderma | Sclerotinia | Scola, Ettore | Scolia