Scolia
Scolia
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos himenópteros, da familia dos escólidos, de entre 20 e 26 mm de lonxitude os machos e entre 30 e 40 mm as femias, e co corpo semellante ao dunha avespa, de cor negra con dúas franxas transversais amarelas e laranxas nos segmentos abdominais segundo e terceiro. Son propios das rexións tropicais. As larvas desenvólvense no interior de eirugas de grandes escarabeidos. A especie S. flavifrons é un dos himenópteros máis grandes de Europa.