scoutismo
scoutismo
(< ingl to scout ‘explorar’)
s
m
[EDUC]
Movemento xuvenil fundado por Robert Stephenson Smyth Baden-Powell, que propón o desenvolvemento da personalidade de nenos e adolescentes a través da vida en grupo durante o tempo libre. Pretende ser un método de educación integral, baseado na autoformación e autogoberno, sen esquecer a formación física e moral, o desenvolvemento das habilidades manuais e a formación do carácter, todo isto rodeado do respecto e amor pola natureza.