Scrophularia
Scrophularia
[PLANTA]
Xénero de plantas, da familia das escrofulariáceas. Son plantas herbáceas ou sufruticosas con talo cuadrangular, follas simples ou compostas, flores verdes ou marróns arroibadas, que aparecen en cimas axilares ou en panículas terminais. Os seus froitos aparecen en cápsula septicida. En Galicia atópanse diferentes especies, como S. auriculata, que vive a carón das correntes de auga e en lugares húmidos, S. canina, que se dá no interior, S. scorodonia, que medra en toda Galicia agás no interior, S. alpestris, que vive en zonas húmidas do interior, e S. frutescens que medra na area das praias.