sección

sección

(

  1. s f

    Acción e efecto de seccionar algo.

  2. s f

    Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dunha peza ou dun corpo calquera, como se estivese cortado segundo un plano determinado. Denomínase tamén corte xa que, en debuxos industriais, recolle a proxección sobre o plano dunha sección, cos elementos e detalles que a compoñen.

  3. [MAT]
    1. s f

      Intersección dun plano cunha superficie. Se esta é unha superficie cónica, fálase de seccións cónicas (elipses, hipérboles e parábolas, parellas de rectas e outras). As seccións producidas en prismas e cilindros por planos perpendiculares ás arestas laterais e ás xenerativas, respectivamente, son denominadas seccións rectas.

    2. sección áurea dun segmento

      División dun segmento AB en dúas partes AX e XB que completan AX:AB = XB:AX.

    3. sección normal nun punto dunha superficie

      Sección da superficie neste punto.

  4. s f

    Cada unha das partes en que se divide un todo.

  5. s f
    1. Cada unha das partes en que se divide unha empresa, un establecemento comercial, un laboratorio, unha unidade de produción ou un organismo, dedicada a unha actividade determinada diferenciada do resto de actividades da unidade á que pertence.

    2. Cada unha das partes en que se dividen as audiencias provinciais ou as salas do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional ou dos tribunais superiores de xustiza.

  6. s f [BÉL]

    Cada un dos grupos en que se divide unha compañía militar ou escuadrón de tropa.

  7. s f [BOT]

    Categoría taxonómica inferior ao xénero e superior á serie e á especie.

  8. [FÍS]
    1. sección eficaz

      Parámetro característico da interacción dunha partícula ou conxunto de partículas fundamentais coa materia, que depende do tipo de interacción, das partículas que interveñen e da súa enerxía. A unidade de medida é o barn.

    2. sección mollada

      Sección transversal dunha canle ou doutro conduto que está ocupada polo líquido, na cal a velocidade deste varía segundo o punto considerado, de xeito que é máis grande na superficie e menor nos fondos e nas paredes por causa da frición das partículas de líquido cos fondos e as paredes.