Sección Femenina
Sección Femenina
Institución fundada en 1934 impulsada pola Falange Española, baixo a presidencia de Pilar Primo de Rivera. Creada dentro do Sindicato Español Universitario (SEU), estaba composta por mulleres e tiña, entre outros fins, promover a educación social, política e doméstica das mulleres. Tras o Decreto de Unificación (1937) adecuou os seus estatutos aos da FET y de las JONS, limitando a súa función á de formar a muller no novo estilo, como portadora de valores específicamente femininos na vida moderna.