sécuano -na

sécuano -na

(< lat sequanu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos sécuanos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo sécuano.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo da Galia, de orixe céltica, instalado entre Xura occidental e o río Saona, que tiña por capital Besançon. Aínda que se opuxeron a Xulio César, foron sometidos polos romanos (51 a C), despois o seu territorio uniuse ao lionés e converteuse na provincia Maxima Sequanorum durante o Baixo Imperio.