secuencia
(< lat sequentĭa)
-
s
f
Sucesión ordenada.
-
s
f
Sucesión de planos e escenas dunha película nos que se desenvolve unha acción concreta dentro dun mesmo marco espazo-temporal.
-
s
f
[ESTRATIG]
-
Sucesión de feitos xeolóxicos, de procesos ou de rochas sedimentarias segundo unha orde cronolóxica, que ofrece a posición relativa e a idade dentro da historia xeolóxica.
-
Sucesión de termos sedimentarios diferentes que se encadean e se superpoñen sen ningunha interrupción, de maneira que van asociados por unha característica determinada.
-
-
s
f
[INFORM]
Orde primaria de execución dun conxunto de instrucións ou sentenzas dun programa.
-
s
f
[MÚS]
Reprodución dun motivo melódico ou rítmico en distintos graos da escala.
-
s
f
[RELIX]
Texto litúrxico que se recita na misa despois do gradual.
-
s
f
[LING]
Orde sintáctica das palabras na frase. Denomínase secuencia progresiva a orde lóxica dos elementos da frase: suxeito + verbo + complementos (directo + indirecto + circunstancial); e secuencia regresiva, a orde alterada dos elementos da frase, relativamente á súa orde lóxica, por anticipación dalgúns deles respecto a outro.
-
s
f
[MAT]
sucesión.
-
análise de secuencia
[ECON]
Teoría económica dinámica desenvolvida por Lundberg, para analizar o desenvolvemento total dunha economía pechada. A análise de secuencia mostra como a evolución presente é determinada pola evolución pasada e as perspectivas para o futuro. Partindo dos resultados dos períodos anteriores, o individuo fai as previsións para o futuro e decide a actividade do período inmediato.
-
regra da secuencia
[QUÍM]
Procedemento introducido por R. S. Cahn (1899 - 1981), C. K. Ingold (1893 - 1970) e V. Prelog, no ano 1966, para establecer a configuración dos centros quirais. Esencialmente, e aplicado ao átomo de carbono asimétrico, consiste en asignar aos átomos directamente enlazados ao centro quiral unha prioridade directamente relacionada co seu número atómico e observar o centro de tal maneira que o átomo con menos prioridade queda o máis lonxe posible do observador e ver se os tres grupos restantes son correlacionables por orde de prioridade descendente segundo un xiro no sentido das agullas do reloxo (configuración R) ou no sentido contrario (configuración S).
-
secuencia bioquímica
[BIOQ]
Orde en que os aminoácidos dunha proteína ou dun péptido están unidos entre eles. OBS: Tamén se denomina secuencia de aminoácidos.
-
secuencia deposicional
[ESTRATIG]
Conxunto de estratos relacionados xeneticamente e dispostos máis ou menos concordantemente, que está limitado no teito e na base por discordancias ou por superficies correlativas a estas discordancias. Cada secuencia deposicional asóciase a un cambio relativo do nivel do mar. As secuencias deposicionais constitúen a unidade básica na estratigrafía sísmica e teñen valor cronostratigráfico cando reflicten ciclos globais.
-
secuencia fónica
[LING]
Conxunto significativo de sons cronoloxicamente contiguos e limitados por dúas pausas. En moitas linguas hai fenómenos e trazos fonolóxicos que só funcionan distintivamente a nivel de secuencia fónica.
-
secuencia principal
[ASTRON]
Franxa estreita, lixeiramente curva, que vai desde o extremo superior esquerdo do diagrama de Hertzsprung-Russel ata o seu extremo inferior dereito. O número de estrelas que pertencen á secuencia principal é máis grande ca o das estrelas que pertencen a calquera das outras rexións do diagrama mencionado.