secuestrante
secuestrante
(
-
adx e s
m
[QUÍM]
Aplícase á substancia que é empregada como antiincrustante por mor da súa capacidade para impedir a precipitación das sales cálcicas ou magnésicas.
-
reactivo secuestrante
[QUÍM]
Reactivo pertencente a unha grande variedade de tipos funcionais, que teñen a propiedade de formar complexos definidos e solubles, de grande estabilidade, con diversos catións metálicos, secuestrándoos do contorno que os contén. Os axentes secuestrantes son reactivos quelantes e teñen aplicación en análise química (EDTA; oxina). Os axentes secuestrantes teñen un gran número de aplicacións industriais, entre as que hai que mencionar a suavización de augas duras, como tamén a prevención da oxidación de diferentes materiais.