secular
(
-
-
adx
Que sucede unha vez cada século.
-
adx
Que existe desde hai máis dun século ou que dura un século.
-
xogos seculares
[HIST]
Antigos xogos romanos. Celebrados por primeira vez cara ao 249 a C, foron repetidos en sete ocasións máis (146 e 17 a C; 88, 147, 204 e 248 d C). Celebrábanse unha vez cada cen anos ata a época imperial, cando foron convocados a intervalos irregulares de tempo.
-
adx
-
adx
Que non é relixioso ou eclesiástico.
-
[RELIX]
-
adx
Aplícase ao clérigo ou sacerdote que non vive no convento, por oposición ao regular.
-
instituto secular
Asociación de fieis, laicos ou clérigos, consagrados pola práctica dos consellos evanxélicos no medio do mundo con vista a realizar un apostolado en ambientes ata hai pouco inaccesibles aos relixiosos. Pío XII creou esta forma de vida, que tiña unha longa prehistoria na evolución das formas da vida relixiosa (orde relixiosa; monaquismo) e nos grupos de laicos que representaban o espírito (terceira orde).
-
adx