Segrè, Emilio Gino
Segrè, Emilio Gino
Físico italiano. Doutorouse en Física (1928) e naturalizouse estadounidense. Realizou investigacións sobre espectroscopía e o efecto Zeeman, e, sobre todo en física nuclear e partículas atómicas, coa colaboración de E. Fermi en Roma e de O. Chamberlain en Berkeley. Descubriu, en colaboración con outros investigadores, novos elementos como o tecnecio, o astato e o plutonio, así como o antiprotón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1959, xunto con O. Chamberlain.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tivoli -
Deceso
Lugar : Lafayette, California