Seijo Lores, María Elena
Actriz. Formadora da Aula de Teatro Universitario de Ourense (1992), creou e coordinou a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) desde 1996 e coorganizou o Congreso Internacional de Teatro (2005) en Ourense. Membro de Sarabela Teatro, participou en diversas montaxes, como Farsas (1977), A esmorga (1996), O lapis do carpinteiro (2000) e Rolda de caricias (2004), e tamén en Leoncio e Helena (1993), co Centro Dramático Galego. Interveu nas series de televisión Pratos Combinados (1996, 2000 e 2001), A familia Pita (1996-1997), Terras de Miranda (2001, 2003 e 2004) e Los Serrano (2004). Recibiu o premio á mellor actriz secundaria (1995) por Cama (1994) e o Premio María Casares á mellor actriz protagonista (2002) por Sexismunda (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ourense