Seiva
Seiva
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 1 de maio de 1989. Cesou en 1991. Subtitulada “Actualidade e debate”, non tivo periodicidade fixa, polo que volveu saír en setembro de 1989 (nº2), xaneiro de 1990 (nº3) e maio de 1991 (nº4). Editada pola Fundación Celso Emilio Ferreiro, coordinouna Marcelino Abuín Duro e contou coa colaboración de destacados persoeiros da cultura galega.