Seivane Hoyo, Susana
Seivane Hoyo, Susana
Gaiteira, neta de Xosé Seivane Rivas. Estudou solfexo, piano e ballet clásico. Durante a década de 1990 colaborou en diversos concertos con Milladoiro, ata que iniciou a súa carreira en solitario. Na súa música combina sons e instrumentos populares con outros máis modernos, con arranxos innovadores. Da súa discografía destacan Susana Seivane (1999), Alma de buxo (2001) e Mares de tempo (2004). Recibiu o Premio Lucense del Año (2000) e foi finalista dos Indie Awards.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona