Sekula, Allan
Sekula, Allan
Fotógrafo estadounidense. Crítico e ensaísta, foi director de fotografía no California Institute of the Arts (1991). Interesado na capacidade narrativa e no elemento teatral do documental como xénero fotográfico, a súa técnica evolucionou desde a performance ata as reportaxes cunha forte carga de denuncia. Os seus proxectos centráronse en feitos puntuais que dotou dun sentido global, como as series sobre as manifestacións antiglobalización de Seattle (1999) ou tras o afundimento do Prestige nas costas galegas (2001). Publicou Fish Story (1990) e Loaves and Fishes (1992).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Erie, Pennsylvania