selector -ra

selector -ra

(< lat selectōre)

  1. adx

    Que selecciona ou serve para seleccionar.

  2. s m [TECNOL]

    Conmutador que levan algúns aparatos e que permite escoller unha opción de funcionamento entre un certo número de posibilidades.

  3. s m [COMUN]

    Conmutador provisto de contactos múltiples que se emprega en telefonía automática.

  4. selector de bandas [TECNOL]

    Conmutador dos radiorreceptores multibanda, que permite elixir a banda de frecuencia dentro da que se pode sintonizar unha emisora.

  5. selector de canais [COMUN]

    Dispositivo dos receptores de televisión que separa e sintoniza, a vontade, un determinado canal. OBS: Tamén se denomina conmutador de canais.

Palabras veciñas

selectividade | selectivo -va | selecto -ta | selector -ra | selen(i/o)- | selenato | Selene