selector -ra
selector -ra
(< lat selectōre)
-
adx
Que selecciona ou serve para seleccionar.
-
s
m
[TECNOL]
Conmutador que levan algúns aparatos e que permite escoller unha opción de funcionamento entre un certo número de posibilidades.
-
s
m
[COMUN]
Conmutador provisto de contactos múltiples que se emprega en telefonía automática.
-
selector de bandas
[TECNOL]
Conmutador dos radiorreceptores multibanda, que permite elixir a banda de frecuencia dentro da que se pode sintonizar unha emisora.
-
selector de canais
[COMUN]
Dispositivo dos receptores de televisión que separa e sintoniza, a vontade, un determinado canal. OBS: Tamén se denomina conmutador de canais.