Seleuco I Nicator
Seleuco I Nicator
Primeiro rei seléucida (306-280 a C) e fundador desta dinastía, fillo de Antíoco, xeneral de Felipe II de Macedonia. Á morte de Alexandre o Grande foi elixido lugartenente do rexente Perdicas, no asasinato de quen interveu. Obtivo a satrapía de Babilonia (321 a C), que foi tomada por Antígono o Torto. Refuxiado na corte de Ptolomeo I de Exipto, contribuíu á vitoria deste sobre Demetrio Poliorcetes, fillo de Antígono, en Gaza (312 a C). Isto permitiulle recuperar Babilonia e someter a Susiana e a Media. Someteu tamén Irán e Bactriana, e nunha nova repartición do imperio (301 a C) correspondeulle Siria. Despois conquistou Tracia e Macedonia.
Cronología
-
Deceso
-
Nacemento
Lugar : a C