Seleuco II Calínico

Seleuco II Calínico

Rei seléucida (246-226 a C), fillo de Antíoco II Theos. Loitou polo trono contra Berenice, muller do seu pai, a quen protexía Ptolomeo III Everxetes. A pesar de que recuperou Cilicia e o N de Siria, tivo que ceder Seleucia de Pieria a Exipto. Seis anos máis tarde foi vencido polo seu irmán Antíoco Hierax, que se apoderara de Asia Menor, e polos gálatas en Ancira (Frigia), que perdeu (235? a C). Foi asasinado cando se preparaba para combater a Átalo I de Pérgamo.

Cronología

  • Deceso

  • Nacemento

    Lugar : a C