Sellier Loup, Louis Joseph
Fotógrafo e operador francés. Coñecido como José Sellier, instalouse na Coruña (1886) co seu irmán Louis, quen abrira un estudo fotográfico na década de 1850. Naturalizado español (1894), Joseph quedou a cargo do estudo e o seu interese dirixiuse cara ao cinematógrafo. En maio de 1897, tras unha visita a Francia, conseguiu un cinematógrafo dos irmáns Lumière e comezou a ofrecer proxeccións no seu estudio. Froito do seu interese pola técnica da imaxe en movemento, o 20 de xuño de 1897 gravou a primeira película galega, Entierro del general Sánchez Bregua, sobre a condución do cadáver do político e militar coruñés, de apenas un minuto de duración. A esta cinta seguíronlle San Jorge, salida de misa (1897), Fábrica de gas (1897), Plaza de Mina y Orzán (1897), Orzán, oleaje (1897), Temporal en Riazor (1898), Regreso de Cuba/Desembarco de los heridos de Cuba en nuestro puerto (1898), Matadero y salida de operarios (1898) e Descarga de carbón (1898). Con estas e outras proxeccións, ningunha delas conservada, viaxou a Vigo (1898), Ferrol (1899) e Santiago de Compostela (1900). Coa popularización do cinematógrafo en Galicia volveu á fotografía (1914).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Givors -
Deceso
Lugar : A Coruña