Selva Negra

Selva Negra

Macizo herciniano situado no SO de Alemaña. Está formado por un zócolo granítico e metamórfico recuberto por materiais do Mesozoico, calcarias e greses. Forma un horst que domina en forma abrupta a chaira do Rin, cunha sucesión de fallas verticais (chanzos), que descenden suavemente cara ao Württemberg. Cara ao O van as augas afluentes do Rin; cara ao L, as augas afluentes do Danubio e o Neckar. Predomina un clima continental de montaña, con invernos moi fríos, e unha vexetación de faias e abetos. A súa economía baséase na agricultura e na gandaría, xunto con industrias téxtiles, de vidro, papel e madeira.