Sempre en Galicia
Sempre en Galicia
[COMUN]
Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).