Sempre Xonxa
Sempre Xonxa
[IMAX]
Filme galego dirixido e escrito en 1989 por Chano Piñeiro, e protagonizado, entre outros, por Uxía Blanco, Roberto Casteleiro, Miguel Insua, Xavier R. Lourido e Roberto Vidal Bolaño. É unha das primeiras longametraxes galegas e trata o tema da emigración nas súas dúas vertentes de éxito e fracaso a través da historia dun triángulo amoroso, constituído por Xonxa, Pancho e Birutas, desde a súa infancia ata a súa madurez, nunha aldea da Galicia interior.