Semprún Maura, Jorge

Semprún Maura, Jorge

Político, escritor e guionista. Exiliado a Francia en 1939, participou na Resistencia Francesa e foi deportado a Buchenwald. Militante do Partido Comunista de España, foi membro do comité central (1954) e trasladouse clandestinamente a Madrid. Con Fernando Claudín, protagonizou un enfrontamento coa liña política mantida pola dirección do partido, que se solucionou coa expulsión dos disidentes (1964), proceso que explicou en Autobiografía de Federico Sánchez (1977, Premio Planeta). Foi minitro de Cultura (1988-1991) no goberno de Felipe González. Da súa obra, ademais de diversos guións cinematográficos, destacan Le grand voyage (1963), La deuxième mort de Ramón Mercader (1969), Quel beau dimanche (1980), L’algarabie (1981), Montand, la vie continue (1983), Federico Sánchez se despide de ustedes (1993) e Las aventuras prodigiosas (2004).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid