Señoráns de Arriba, pazo de
Señoráns de Arriba, pazo de
Construción situada en Paradela (Meis). Presenta planta irregular e cuberta a catro augas. Destaca a solaina da fachada posterior sostida sobre pilastras e a escaleira de pedra do acceso principal. Conserva un patio e unha capela anexada ao muro que rodea o conxunto, que conta cun portalón alintelado e rematado en pináculos.