Seoane de Oleiros, San Xoán de

Seoane de Oleiros, San Xoán de

Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. De orixe románica, ten planta de nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra con arco de medio punto sobre columnas con capiteis decorados. Destaca o tímpano da portada, que está escasamente decorado e, no interior, as tallas barrocas de san Pedro e san Pablo, as pinturas, as inscripcións e dúas aras, unha romana e unha medieval.