Serapis
Serapis
[RELIX]
Deus supremo do Exipto ptolemaico, froito da identificación de Osiris-Apis, co deus Serapis de Sinope, adorado polos gregos. Esta identificación satisfacía as necesidades relixiosas de Ptolemeo I Soter (304-283 a C), que necesitaba un deus nacional para unir a poboación autóctona ou exipcia e a grega. Tiña trazos exipcios, de Osiris e Apis, e gregos, de Zeus, Dionisos e Asclepio.