Serbia, Igrexa de
Serbia, Igrexa de
Igrexa ortodoxa autocéfala, con xurisdición sobre os pobos que constitúen a Serbia actual. Serbia, cristianizada en tempos de Basilio I de Bizancio (867-886), quedou plenamente vinculada ao patriarca de Constantinopla. En 1219, baixo Estevo II, creouse a Igrexa autocéfala de Serbia, da que o principal organizador foi o monxe Sava. Estevo Dušan Uros IV creou (1346) un patriarcado serbio, con sé en Peč. Suprimido en dúas ocasións (1389 e 1766) a causa do dominio turco, a Igrexa de Serbia foi, finalmente, declarada autocéfala en 1879 e restablecida como patriarcado en 1920.