serea

serea

(< lat sirēna)

s f [MIT]

Figura da mitoloxía grega e romana con forma de rapaza ou de muller nova e bela na parte superior do corpo e de paxaro na parte inferior. Na Idade Media apareceu e divulgouse a forma de medio muller medio peixe. Coa súa beleza e co feitizo dos seus cantos atraía aos navegantes para afogalos nos abismos do mar. En Galicia destaca o mito da Serea de Fisterra, muller supervivente da cidade asolagada de Duio que se converteu en serea e atrae aos mariñeiros para perdelos.

Palabras veciñas

serbocroata | serda | serdab* | serea | Sereira, A | Seremban | Serén