serbocroata
(< serbio + croata)
-
adx
Relativo ou pertencente a Serbia e a Croacia.
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao serbocroata.
-
s
m
[LING]
Lingua eslava do phylum indoeuropeo que se fala en Croacia, Bosnia-Herzagovina, Serbia e Montenegro. É a lingua nativa de catro grupos étnicos: os serbios, os croatas, os montenegrinos e os musulmáns bosnios. Ten variantes dialectais que responden a circunstancias histórico-culturais diferentes e escríbese con alfabetos diferentes: o cirílico, empregado polos serbios, e o latino, empregado polos croatas. Entre o serbio e o croata existen notables diferenzas léxicas e sintácticas, aínda que a súa fonética e morfoloxía resultan menos diferenciadas. O serbocroata presenta os trazos característicos da maioría das linguas eslavas: flexión nominal morfolóxica (declinación con sete casos: nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, locativo, instrumental, vocativo), existencia do xénero neutro, sistema verbal cos dous aspectos básicos (imperfectivo e perfectivo) e multitude de formas persoais e temporais, léxico esencialmente eslavo (ao que se lle engadiu un certo número de préstamos do turco, grego, búlgaro, ruso, italiano, alemán e outras linguas).
-
literatura serbocroata
[LIT]
Literatura cultivada en serbocroata. A literatura popular constitúe, en xeral, un patrimonio cultural común aos pobos serbio e croata e, á vez, unha fonte importante de inspiración para a literatura culta. Particularmente valiosa é a poesía épica. En canto á literatura culta, e coa excepción dalgunhas manifestacións esporádicas, cómpre falar dunha literatura serbia e unha literatura croata, desenvolvidas en condicións históricas distintas. Na Idade Media (e máis tarde, ata finais do s XVIII), a literatura culta serbia consistiu, esencialmente, en escritos de carácter relixioso, iniciados polos discípulos dos xermanos Cirilio e Metodio, evanxelizadores dos pobos eslavos. A lingua destes escritos é o eslavón, cunha transición gradual cara ao serbocroata, e de grafía cirílica (glagolítico). A partir do s XIV, en Croacia, rexión católica, o eslavón foi substituído polo latín. Unha evolución á parte ten a cidade croata de Ragusa (actual Dubrovnik), como tamén outras cidades de Dalmacia (posesión veneciana entre os anos 1420-1797), onde hai unha literatura culta de tipo occidental, influída polo renacemento italiano. A literatura serbia moderna naceu nos últimos decenios do s XVIII, baixo a influencia da cultura occidental e do espertar cultural ruso. Os seus principais promotores foron Dositej Obradovic e, máis tarde, Vuk Stefanovic Karadzic (1787-1864), folclorista e filólogo, reformador da lingua literaria. As primeiras manifestacións da literatura moderna croata (principios do s XIX) relacionáronse tamén co Movemento Ilírico (ilirismo), acción patriótica nacional e cultural dos croatas. A el débese a recolección e publicación dun abundante material folclórico, a estimulación da literatura culta e a reforma da lingua literaria (coa colaboración do serbio Karadzic). As correntes literarias occidentais do s XIX manifestáronse tamén en Serbia e en Croacia; como o romanticismo, onde a nota dominante é o sentimento patriótico; e o realismo, ao lado do que, xa a finais do s XIX e durante boa parte do s XX, se manifestaron diferentes tendencias modernas: futurismo, surrealismo, expresionismo ou realismo socialista.
-
adx