serbio -bia

serbio -bia

(< topónimo Serbia)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Serbia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Serbia.

  1. [ETN/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo serbio.

    2. s

      Individuo do pobo serbio.

    3. s m pl

      Pobo eslavo meridional que, nos ss VI-VII, se estableceu no territorio da actual Serbia e configurou a súa historia.

  2. s m [LING]

    serbocroata.

  3. arte serbia [ARTE]

    Arte desenvolvida polos serbios. As súas orixes atópanse na arte bizantina. Caracterízase pola observación da realidade (frescos de Santa Sofía de Okhrida, 1050?), por un grande humanismo e refinamento (frescos de Nezeri, 1164) e por unha linearidade monumental (típica da Macedonia dos ss XIII-XIV). No s XIII a plástica inspirouse na arte musivaria dos ss V-VIII (frescos de Milesevo, 1236; Sopoćani, 1260) e no s XIV sobresaiu a miniatura, de gran realismo narrativo (mosteiros de Staro, Nagoričino, Studenica, Visoki Dečani). Na arquitectura destacan os mosteiros da rexión do Raška, como Kuršumlija (1168), Ziča (1207), Sopoćani (1272) e Visoki Dečani (1327). Perdida a independencia, os emigrantes exportaron a súa arquitectura a Hungría meridional. No s XIX houbo un rexurdimento da pintura e da arquitectura serbobizantina.

Palabras veciñas

Serbia | Serbia e Montenegro | Serbia, Igrexa de | serbio -bia | serbocroata | serda | serdab*