serio -ria

serio -ria

(< lat serĭu)

  1. adx
    1. Que non é ou está alegre.

    2. Que amosa unha maneira de ser pouco dada á risa.

  2. adx

    Que non está feito ou dito para facer rir.

    Sinónimos: formal.
  3. adx

    Que é importante e non debe tomarse a broma.

  4. adx

    Que cumpre de forma honrada cos traballos, obrigas e compromisos, realizándoos con rigor e esforzo.

    Sinónimos: formal.

Frases feitas

  • En serio. Sen engano nin broma.

Palabras veciñas

serigráfico -ca | serina | Serinus | serio -ria | seriografía | Serlio, Sebastiano | sermón