serodiagnose

serodiagnose

(< sero- + diagnose)

  1. s f [BOT]

    Proba de afinidade taxonómica que se basea na reacción inmunolóxica a substancias vexetais dos taxons a comparar, que son inxectadas a animais de experimentación.

  2. s f [MED]

    Diagnose que se efectúa por medio de reaccións provocadas no soro sanguíneo ou polo soro sanguíneo dos enfermos (reaccións de aglutinación, de fixación do complemento e outras). OBS: Tamén se denomina reacción serolóxica ou serodiagnóstico.

Palabras veciñas

seroanafilaxe | seroconversión | Serode | serodiagnose | serodio -dia | seroloxía | serolóxico -ca