serra
serra
(< lat serra)
-
s
f
-
Ferramenta constituída por unha folla de metal, xeralmente aceiro, provista de dentes, que se emprega para cortar madeira, metal e outros materiais, ao lle imprimir, manual ou mecanicamente, un movemento alternativo de vaivén, rozando os dentes sobre a materia que se quere cortar, de xeito que abre un suco estreito que chega a dividila. As medidas, a forma e a disposición dos dentes varían segundo o tipo de traballo e material ao que estea destinada.
-
Instrumento análogo a unha serra pero de bordo liso que serve para cortar pedra con axuda de area e auga.
-
-
s
f
serradoiro.
-
s
f
[XEOG]
Aliñación montañosa de dimensións inferiores ás dunha cordilleira. En xeral constitúe un contraforte, ramal ou grupo pertencente a un sistema maior.