serra

serra

(< lat serra)

  1. s f
    1. Ferramenta constituída por unha folla de metal, xeralmente aceiro, provista de dentes, que se emprega para cortar madeira, metal e outros materiais, ao lle imprimir, manual ou mecanicamente, un movemento alternativo de vaivén, rozando os dentes sobre a materia que se quere cortar, de xeito que abre un suco estreito que chega a dividila. As medidas, a forma e a disposición dos dentes varían segundo o tipo de traballo e material ao que estea destinada.

    2. Instrumento análogo a unha serra pero de bordo liso que serve para cortar pedra con axuda de area e auga.

  2. s f

    serradoiro.

  3. s f [XEOG]

    Aliñación montañosa de dimensións inferiores ás dunha cordilleira. En xeral constitúe un contraforte, ramal ou grupo pertencente a un sistema maior.