serpúlido -da
serpúlido -da
(< lat científico Serpula)
-
adx
Relativo ou pertencente aos serpúlidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Anélido da familia dos serpúlidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de anélidos poliquetos, da orde dos sabélidos, que habitan dentro de tubos calcarios fixos (ás veces cun opérculo que pecha o tubo). Presentan corpo alongado e tórax ben diferenciado do abdome, prosoma moi reducido e boca envolta por unha cadea de tentáculos ou penacho branquial terminal cefálico que xorde dun colo membranoso no primeiro segmento. Son micrófagos.