Serramo, dolmen de
Serramo, dolmen de
Construción megalítica situada en Vimianzo. Está composta por unha cámara poligonal de cinco laxes chantadas. A tampa atópase desprazada da súa situación orixinaria e está apoiada en dúas das lousas. Tamén se localizan o comezo do corredor e unha lousa caída próxima ao conxunto.