serrán
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño que pode acadar os 24 cm de lonxitude, de corpo alongado e comprimido lateralmente, e boca grande coa mandíbula inferior algo prominente. As aletas pectorais son grandes e coa marxe posterior moi redondeada e simétrica, e a aleta caudal coa marxe posterior recta ou algo arredondada. Amosa coloración de fondo marela, cinco ou seis bandas verticais escuras ou negras, cunha pinta de cor azul no ventre. Aliméntase de peixes e crustáceos e vive nos fondos rochosos e con algas de ata 150 m de profundidade.
-
serrán budión
[ANIMAL/ICT]
budión.
-
serrán común
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño, de ata 15 cm de lonxitude, que ten o corpo de cor parda agrisada no dorso e amarela no ventre, cunha mancha azul escura ou negra no primeiro raio espiñoso da dorsal e outra na metade inferior do cabo posterior do pedúnculo caudal. Aliméntase de anfípodos, isópodos, camaróns, pequenos bivalvos e pequenos gasterópodos, e habita nas augas litorais en fondos de 1-20 m de profundidade.
-
serrán rochoso
[ANIMAL/ICT]
Peixe teleósteo, de ata 12 cm de lonxitude, de corpo oblongo, algo alongado, cabeza pequena co perfil dorsal do rostro algo cóncavo, e boca pequena con beizos ben desenvolvidos. A súa coloración presenta predominio dos tons verdes e pardos, e a parte ventral abrancazada. Existe un forte dimorfismo sexual na tempada de celo. Alímentase de anfípodos, copépodos, briozoos e hidrozoos e vive en augas do litoral entre 1 e 25 m de profundidade. OBS: Tamén se denomina vello das rochas.
-
serrán señorita
[ANIMAL/ICT]
Peixe teleósteo, de ata 40 cm, aínda que normalmente só acada os 20-25 cm, de corpo alongado e deprimido polos costados, cabeza moi longa co fociño moi prolongado, boca grande e beizos ben desenvolvidos. Os raios da aleta dorsal son sucesivamente máis longos de diante cara a atrás, e a aleta caudal é arredondada. Amosa coloración con predominio dos tons amarelos e pardo claros con liñas lonxitudinais máis escuras, e a parte ventral abrancazada. Presentan un marcado dimorfismo sexual. Alímentase de ourizos, ofiuras e cangrexos e vive en augas do litoral entre 1 e 50 m de profundidade preto das rochas.
-
serrán vello
[ANIMAL/ICT]
Peixe de ata 20 cm de lonxitude co corpo moi curto e groso, cabeza curta e fociño achatado, boca pequena e medianamente protráctil cos beizos ben desenvolvidos. A coloración é moi intensa cun gran número de manchas ou bandas pardo avermelladas sobre as que destaca un fondo verde; detrás de cada ollo hai unha mancha semilunar negra e outra escura na metade do pedúnculo caudal. É de hábito gregario e presenta dimorfismo sexual na época de celo. Aliméntanse de briozoos, vermes tubícolas, moluscos e crustáceos e vive no litoral entre 1 e 30 m de profundidade. OBS: Tamén se denomina vello.