Servicio Nacional de Cereales
Servicio Nacional de Cereales
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1967 como resultado da transformación do Servicio Nacional do Trigo, constituído en 1937 en Burgos. O seu obxectivo era a ordenación da produción e a compra e distribución dos cereais mediante unha rede de silos. En 1971 substituíuse polo Servicio Nacional de Produtos Agrarios (SENPA), convertido en 1996 no Fondo de Garantía Agraria (FEGA).