Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural
Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1953 co nome de Servicio Nacional de Concentración Parcelaria. Mantivo este nome ata 1963. Os seus obxectivos pretenden superar o fraccionamento do campo español. En 1971 integrouse no Instituto de Reforma y Desarrollo Agrícola (IRYDA), substituído en 1996 pola Secretaría General de Desarrollo Rural y Conservación de la Natureza.