servo -va
(
-
s
[HIST]
-
Persoa que non é de condición libre.
-
Persoa sometida a servidume, habitual na poboación campesiña do occidente medieval. O servo estaba nunha estreita suxeición respecto a un señor ou gran propietario, a través dun vínculo persoal ou territorial, habitualmente ambos os dous xustapostos, que lle limitaban notablemente a liberdade de domicilio, ata chegar a unha adscrición á gleba que cultivaba, con carácter vitalicio e ata hereditario. Estaba obrigado a numerosos servizos en beneficio do señor (traballos persoais, prestacións pecuniarias) e a sufrir cargas arbitrarias sobre o seu patrimonio, como os denominados “malos usos”, que comprometían a súa dignidade civil e familiar, sen contar as ordinarias rendas agrarias derivadas do cultivo das terras onde fixara a residencia.
-
-
s
m
[RELIX]
Título co que antigamente, e segundo o uso bíblico, se designaba tanto os primeiros oficiais da corte ou do exército coma aos escravos. Tamén posuía o significado de fidelidade e confianza. Deste xeito a tradición bíblica dá o nome de servo do Señor a grandes homes de Deus como Moisés, David ou os profetas.
-
servo de Deus
[HIST]
Persoa de vida santa, especialmente consagrada ao servizo de Deus como os bispos ou os monxes.
-
servo dos servos de Deus
[RELIX]
Fórmula (servus servorum Dei) utilizada constantemente na chancelaría pontificia, desde o s IX, na cabeceira dos documentos papais. O primeiro en adoptala foi Gregorio I.