servocomando
servocomando
(< servo- + comando)
-
s
m
[TECNOL]
Comando en que o sinal actuante é amplificado antes da súa aplicación.
-
s
m
[TECNOL]
Mecanismo auxiliar que, accionado por unha forza feble, o amplifica para facer funcionar un aparato ou unha máquina, eventualmente a distancia. Empréganse nos casos en que cómpre substituír a forza muscular do home por un dispositivo hidráulico, pneumático ou eléctrico.