servofreo
(
Servocomando que permite e asegura o accionamento dos freos dalgúns vehículos automóbiles, especialmente dos pesados, cun esforzo limitado do condutor. No servofreo pneumático, o accionamento do pedal pon en comunicación o tubo de aspiración do motor cun cilindro que dispón dun émbolo que, atraído pola depresión, axuda a empurrar a panca que acciona o émbolo do cilindro mestre (servofreo de depresión) ou inxecta no cilindro aire comprimido que actúa sobre o diafragma (servofreo de comprensión). No servofreo hidráulico a presión do aceite do circuíto hidráulico é reforzada por aceite comprimido por unha bomba tamén accionada polo motor. No servofreo eléctrico, unha corrente eléctrica activa un electroimán que acciona as zapatas ou mandíbulas do freo.