Sethi I

Sethi I

Faraón da dinastía XIX (1318-1304 a C), fillo de Ramsés I. Recuperou as posesións exipcias de Palestina perdidas durante o período de Al-Amārna. Someteu Palestina e Fenicia. Baixo o seu mandato construíuse parte da sala hipóstila de Karnak, o templo funerario de Šaik ‘Abd al-Kurna, a tumba no Val dos Reis, o gran templo de Abidos e o seu cenotafio na mesma cidade.