SEU
SEU
Nome científico:
[Sindicato Español Universitario]
Sindicato estudantil totalitario creado en 1933 na órbita de Falange Española. Despois de 1939 converteuse en organismo de afiliación obrigatoria de todos os universitarios e estudantes de escolas medias e profesionais de España. O seu xefe nacional era nomeado polo goberno e era procurador en Cortes. Foi substituído en 1965 por outro sindicato oficial e obrigatorio: Asociaciones Profesionales de Estudiantes.