seu, súa
(
-
pos
Expresa posesión, propiedade ou pertenza dun elemento a unha terceira persoa.
Ex: O seu pelo é louro. A súa casa é moi grande. Os seus cans son demasiado agresivos.
-
pos
Indica posesión, propiedade ou pertenza dun elemento a unha segunda persoa, con tratamento de respecto ou cortesía.
Ex: Señor, creo que este pano é seu.
-
pos
Expresa aquilo ao que el(es) ou ela(s) pertencen.
Ex: Luís xogará na segunda división porque o seu equipo ascendeu.
-
pos
Expresa relación afectiva ou familiar.
Ex: O seu Antón morreu moi novo. OBS: Tamén se usa a expresión substantivada os seus, invariable en masculino plural, co significado de ‘a súa familia’. Ex: Gústalle moito estar cos seus.
-
pos
Expresa o que el(es), ela(s) ou vostede(s) prefire ou o que a estes é propio segundo os estudos, traballo ou actividade.
Ex: A súa música é a clásica. Descoñezo a súa profesión.
-
pos
Expresa aquilo do que el(es), ela(s) ou vostede(s) se serven.
Ex: O seu avión sae mañá ás oito.
-
Expresa o lugar onde el(es), ela(s) ou vostede(s) traballan ou estudan.
Ex: O seu instituto é o da esquerda.
-
pos
Expresa algo que lle está dedicado ou reservado.
Ex: Hoxe é o seu día.
-
pos
Expresa o que lle é habitual ou característico.
Ex: Sempre toma o seu café despois de comer. OBS: Precedido da preposición de e inmobilizado na forma femenina plural (das súas), indica xeralmente carácter negativo, singular ou que chama a atención. Ex: Fixo das súas coa moto. Xa pensou algunha das súas.
-
pos
Expresa valor enfático cando vai acompañando cantidades ou numerais.
Ex: Engordou os seus oito quilos.
-
de seu
-
Expresa a propiedade plena de maneira marcada en construcións que manifestan ese significado, acompañando substantivos que se refiren a ‘propiedade alienable’.
Ex: Non ten coche de seu.
-
Expresa que os feitos, calidades ou características que se mencionan correspóndenlle totalmente a algo ou alguén.
Ex: O do mal humor é de seu. OBS: A forma de seu con estes significados sempre se presenta invariable en masculino singular.
-
-
o seu
-
Expresa o que é natural nel(s), nela(s) ou en vostede(s).
Ex: O seu é a cociña.
-
Expresa o que lle corresponde.
Ex: Suou o seu con ese traballo. OBS: Ás veces pode adquirir valor adverbial co significado de ‘de abondo ou boa cantidade’. Ex: Onte choveu o seu.
-