Ševčenko, Taras
Ševčenko, Taras
Poeta e pintor ucraíno. Fillo dun servo da gleba, o seu amo enviouno a estudar a Peterburgo. En 1838 foi liberado coa axuda de diversos intelectuais rusos. Na súa obra describiu a difícil situación social e política de Ucraína. No seu pensamento político e social amosou un sentimento nacional moi vivo. De volta a Ucraína, entrou na sociedade Cirilo e Metodio. Sospeitoso para as autoridades rusas, foi arrestado e deportado a Orenburg (1847). Durante o exilio (ata 1857) dedicouse á pintura. Da súa produción literaria destacan Kobzar (O tocador de kobza, 1840) e Jeretik (O herexe, 1845).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Morincy, &# -
Deceso
Lugar : Peterburgo